A ONU analizará os incumprimentos da Comisión Europea na mina de San Finx

2 months ago 37

  • Ecoloxistas en Acción denuncia que a Comisión Europa impediu o acceso a información ambiental para encubrir as ilegalidades na mina e da propia actuación da Xunta.
  • O Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus celebrará unha vista preliminar en Xenebra o 20 de febreiro para dirimir estas obstrucións.

A ONU, a través do seu Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus, acaba de abrir unha nova fronte pola situación da mina de San Finx. Nesta ocasión o procedemento iniciouse por mor das denuncias de varios colectivos ecoloxistas, entre eles Ecoloxistas en Acción, polo uso de fondos europeos para pagar ao director desta mina durante un proxecto Horizonte 2020. Un proxecto que, sinalan, supuxo a realización de verteduras ilegais e, ademais, a apertura e desaugadoiro dunha nova planta mineira.

A polémica comezou en 2018 cando a Comisión Europea adxudicou un proxecto de 6,9 millóns de euros a un consorcio do que era parte Valoriza Minería, filial do Grupo Sacyr, que ata 2022 controlara a mina de Lousame. O proxecto converteu San Finx nunha zona de probas que implicaron manter a drenaxe mediante bombeo de parte da mina, a pesar de que esta non tiña autorización de verteduras. A drenaxe por bombeo só cesou cando finalizou o proxecto.

Entre 2020 e 2021, Ecoloxistas en Acción —xunto a outros colectivos— realizaron varias peticións de información á Comisión Europea, entre as que se incluían documentos que evidenciaban que os funcionarios da UE tiñan coñecemento da situación de ilegalidade. Con todo, a Comisión negouse a proporcionar diversa información ambiental, incluída unha actualización do plan de restauración da mina tramitada ás agachadas pola Xunta en 2020, sen sometela ao trámite de exposición pública.

Outro colectivo, Montescola, levou a negativa para proporcionar acceso á información á Defensora do Pobo Europeo, que emitiu ditame instando á Comisión para facilitar os documentos solicitados. Despois de que a Comisión decidise rexeitar a proposta da Defensora do Pobo, abriuse a vía para que a propia ONU iniciase un procedemento contra a UE, que tamén é parte contratante da Convención de Aarhus, por vulnerar os dereitos de acceso á información en materia ambiental.

Responsabilidade da Xunta de Galicia

Para Ecoloxistas en Acción, máis aló de expoñer a inacción e ocultamiento da Comisión Europea, o procedemento deixa en evidencia como a Xunta permitiu durante anos que a empresa mineira abrise novas plantas na mina. Todo iso, a pesar de que o proxecto aprobado en 2009 non contemplaba ditas plantas, e de que a súa apertura implicaba necesariamente multiplicar a cantidade de auga contaminada que se vertía ao río, unha situación que se mantivo ata 2022.

A organización ecoloxista sinala que tamén o paso dado pola ONU revela como a Consellería de Economía e Industria pretendeu encubrir as ilegalidades da mina mediante unha actualización do plan de restauración tramitada en 2020. A actualización do Plan de restauración, que establece as obrigacións ambientais da explotación mineira, tapa o incumprimento do Plan anteriormente aprobado en 2009, que contemplaba a eliminación dos vertedoiros, nunca executada, e omite o problema que supoñen as verteduras, que continuarían producíndose a perpetuidade ao non contemplar ningunha situación.

Joám Evans, voceirode Ecoloxistas en Acción, declarou: “A actualización do Plan de restauración omite igualmente o deber da empresa de restaurar as centos de labores mineiros dispersos polas concesións— que supoñen un enorme perigo para as persoas e para a fauna— e tampouco contempla a eliminación das presas de residuos mineiros, mesmo chegando a afirmar que non son responsabilidade da empresa”.

La entrada A ONU analizará os incumprimentos da Comisión Europea na mina de San Finx aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article