Celebran o fin da mina de Varilongo pero esixe restauración

1 year ago 37

  • Ecoloxistas en Acción demanda á Xunta que obrigue á mineira australiana a constituír un aval de como mínimo 5 millóns de euros para facer frente á restauración, peche e clausura da mina.

Ecoloxistas en Acción celebra a noticia de que a Xunta declarase finalmente a caducidade das concesións mineiras de Santa Comba, que afectan tanto á histórica mina de volframio de Varilongo como ao novo proxecto de mina a ceo aberto de Corcel Minerals en Castriz. Vinculan esta decisión coa denuncia penal presentada pola organización ecoloxista nos xulgados de Santiago. Denuncia penal contra varios altos cargos da Consellería de Economía, Empresa e Innovación precisamente por non proceder a declarar a caducidade das concesións.

A mina de estaño e volframio, propiedade da mesma empresa australiana que pretende reabrir as minas de San Finx, abandonouse en 1986, fai máis de 30 anos. A pesar da tentativa de converter a explotación subterránea nunha gran mina a ceo aberto, os funcionarios da Xunta informaron que debía procederse a declarar a caducidade das concesións. Como lembran desde a organización ecoloxista, o Tribunal Supremo estableceu que declaración de caducidade dunha concesión mineira é un acto que non é discrecional e debe adoptarse obrigatoriamente, baixo pena de responsabilidade, se se dan os presupostos previstos pola lei.

Non obstante, desde Ecoloxistas en Acción desconfían da decisión da Xunta, que podería deixar escapar á empresa mineira sen facerse cargo da restauración, como aconteceu en Monte Neme. E é que o plan de restauración aprobado en 2011, cun irrisorio orzamento de 53.000 euros e nunca sometido a participación pública, é totalmente insuficiente para facerse cargo do peche e clausura da mina, cun custo real de restauración será de varios millóns.

Por iso, desde a organización ecoloxistas demandan á Xunta que se obrigue á empresa australiana a constituír un aval de como mínimo 5 millóns de euros para garantir a restauración, peche e clausura da mina en condicións de seguridade, e advirten que en caso contrario demandarán que os altos cargos responsables que agora ven de denunciar respondan co seu propio patrimonio persoal. Advirten que non dubidaran en recurrir a propia decisión de caducidade, no caso de que esta non estableza claramente as obrigas de restauración e as garantías suficientes para as levar a cabo.

Ecoloxistas en Acción lembra que a Xunta xa lle fixo varios favores á mineira australiana en Santa Comba, pois deixou caducar un procedemento sancionador por vertidos de metais pesados que implicou a contaminación de ríos próximos, presentando estes valores respecto ao cadmio centos de veces superiores aos máximos permitidos. En febreiro pasado, a mesma Xunta outorgou a outra filial da mesma empresa autorización de vertido para a mina de San Finx, en Lousame, a pesar da incapacidade económica para explotar a mina.

La entrada Celebran o fin da mina de Varilongo pero esixe restauración aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article