Demandan ao Parlamento que escolla por consenso unha persoa de perfil técnico para abordar a crise dos pellets

2 years ago 74

  • Amigos da Terra e Ecoloxistas en Acción demandan ao Parlamento galego que acade un consenso para nomear a unha persoa con perfil técnico para que dirixa o operativo de limpeza do vertido de pellets e sexa o interlocutor co estado.
  • Ambas organizacións ecoloxistas entenden que ante os desatinos dunha Xunta volcada en campaña electoral é mellor que outra persoa con coñecementos e sensibilidade ecolóxica estea á fronte desta crise
  • Solicitan aos partidos políticos críticos coa actuación do goberno que respalden a persoa designada e reduzan o ruido mediático.


Amigas da Terra e Ecoloxistas en Acción demandan ao Parlamento que acade un consenso para designar a unha persoa con perfil técnico para coordinar o operativo de limpeza do vertido de pellets e como interlocutor co goberno do Estado.

As dous organizacións ecoloxistas entenden que as declaracións do presidente e conselleirios da Xunta dos últimos días amosan unha preocupación electoral máis que de resolver a crise ecolóxica, social e económica causada polo vertido de pellets.

Ademais, sinalan que as propias declaracións do presidente Alfonso Rueda demostran tanto a súa falta de coñecementos como unha falta de sensibilidade ecolóxica, o que se fai extensible a parte do seu goberno. Unhas declaracións marcadas polo electoralismo que xeran confusión entre a poboación e desafectan ao voluntariado, incluso chegando a pór en perigo a súa saúde.

Isto amosa unhas carencias que, segundo as ecoloxistas, pódense solventar escollendo por consenso no Parlamento unha persoa co perfil técnico axeitado que poida coordinar unha equipa tamén de carácter científico que sexa quen dirixa as tarefas de recuperación da costa e no mar e a posterior xestión destes residuos.

Amigas da Terra e Ecoloxistas en Acción solicitan a todos os grupos parlamentarios que respalden a persoa e o equipo designado sin críticas, acusacións, nin ruído mediático.

“A sociedade galega reclama unidade entre as administracións para superar está crise ambiental, mais tamén é certo que esta unidade ten que estar centrada nunha persoa capacitada para enfrontarse ao desastre ecolóxico e social que se cerne sobre Galicia”, declaran desde as organizacións ecoloxistas.

Anuncian que a sociedade galega se está organizando para volver a berrar Nunca Máis nas rúas de Compostela. Unha manifestación que debe instar ao estado español a promover a nivel europeo e internacional medidas lexislativas para regular mellor o transporte marítimo de mercadurias perigosas para o medioambiente.

La entrada Demandan ao Parlamento que escolla por consenso unha persoa de perfil técnico para abordar a crise dos <em>pellets</em> aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article