O Xulgado de Noia tumba a denuncia falsa da empresa da mina de San Finx contra Ecoloxistas en Acción

7 months ago 28

  •  A Xuíza non ve a existencia de delito e a empresa recoñece que non se produciu ningún dano material na acción de protesta de Ecoloxistas en Acción.
  •  A organización ecoloxista manterá aberta a queixa ante a ONU ante o uso sistemático de denuncias falsas por parte da empresa da mina de San Finx.

Logo de que a semana pasada compareceran ante os Xulgados de Noia os representantes de Tungsten San Finx para ratificar unha denuncia contra Ecooloxistas en Acción por un acto de protesta simbólico realizado o pasado 5 de xullo, a xuíza instructora acortou mediante un auto o sobresemento da causa e o arquivo das actuacións ao non aprezar existencia de feito delictivo algún.

Tanto a Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx como Ecoloxistas en Acción insistiran desde un inicio que se trataba dunha denuncia falsa e infundada con afán intimidatorio, coa que a mineira pretendía silenciar as protestas como parte dunha campaña de acoso xudicial.

Ante as preguntas da xuíza e do avogado de Ecoloxistas, Juan Manuel López Rubio, o representante da empresa de San Finx tivo que acabar recoñecendo que na acción de protesta non se producira ningún tipo de dano material e que, por tanto, non cabía reclamar indemnización algunha. Mesmo así, a empresa negouse a retirar a denuncia como lle esixiu o letrado da defensa.

No acto simbólico realizado en xullo taponárase durante breves instantes o tubo a través do que a empresa realiza vertidos ilegais. Precisamente a raíz desta protesta e dos escritos remitidos a Augas de Galicia por ese colectivo e a Plataforma, vense de iniciar un procedemento sancionador que podería carrexar unha sanción de ata 300.000 euros á empresa, logo de comprobarse que os niveis de cadmio no río a poucos metros do tubo taponado superan 78 veces o máximo legal permitido.

Esta non é a primeira vez que Tungsten San Finx interpon denuncias falsas contra organizacións ecoloxistas, pois xa en 2017 tentara intimidar a outros colectivos ambientais que expuxeran irregularidades da empresa mineira. Como desta vez, as dilixencias foron arquivadas. Idéntico resultado tivo outra denuncia presentada o ano pasado por outra empresa do mesmo grupo que controla a mina de Varilongo, en Santa Comba.

O uso sistemático e abusivo das denuncias como estratexia para amendrentar fixo con que Ecoloxistas presentara queixa ante a Relatora Especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos, a irlandesa Mary Lawlor, que abriu unha investigación ao respecto e que xa foi posta en coñecemento da Embaixada de España ante a ONU en Xenebra.

 

La entrada O Xulgado de Noia tumba a denuncia falsa da empresa da mina de San Finx contra Ecoloxistas en Acción aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article