Ocupan as instalacións da mina de San Finx como protesta polos vertidos con metais pesados

5 months ago 58

  • Na nova acción de protesta, integrantes de colectivos do mar e activistas de Ecoloxistas en Acción despregaron unha enorme pancarta ao pé das balsas da mina co lema «Stop Impunidade Minaría».
  • Con esta acción demandan o fin da impunidade das verteduras con metais pesados causadas pola mineira de San Finx e a revogación da autorización que outorgou a Xunta o pasado mes de febrero.

STOP impunidad minería

 

Varias ducias de mariscadoras e mariscadores xunto con membros de Ecoloxistas en Acción e da plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx ocuparon durante a xornada do luns as instalacións da mina de San Finx, en Lousame, para esixir responsabilidades polos vertidos continuados con metais pesados. Durante a acción de protesta despregouse unha enorme pancarta de 40 metros de lonxitude demandando o fin da impunidade da mina, que nos últimos meses leva vertendo 50.000 litros por hora de augas contaminadas con cadmio, cobre e cinc.

Cofradías e ecoloxistas levan anos esixindo que se obrigue á empresa Tungsten San Finx a adoptar medidas para impedir os vertidos. Medidas como o selado das galerías de desaugue, así como a reinundación da mina para minimizar a formación de drenaxes ácidas, pero o desleixo da Xunta ven permitindo que se manteña a situación actual.

Por outra parte, na acción tamén se demandou a revogación inmediata da autorización de verteduras outorgada por Augas de Galicia o pasado xaneiro, e que implicaría o vertido de case 1.000 millóns de litros anuais de drenaxes de mina. “A empresa carece de capacidade técnica e solvencia económica para poñer en marcha unha actividade que poría en risco a millares de postos de traballo na ría de Muros e Noia, situada a apenas 7 km augas abaixo”, explican Joám Evans e Rogelio Santos, voceiros da plataforma comarcal.

Augas de Galicia xa constatou o pasado mes de agosto, logo das denuncias dos colectivos da plataforma comarcal contra as verteduras, que os niveis de cadmio xusto abaixo das balsas nas que se realizou a protesta superan 78 veces o valor máximo permitido pola lexislación. O mesmo sucede para outros metais pesados como o cobre ou o cinc, para os que se superan 48 veces e 8 veces respectivamente os valores máximos permitidos.

Pola súa parte, Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción, anunciou que desde a súa organización emprenderán novas accións penais por presuntos delitos de prevaricación, desta vez contra varios funcionarios e altos cargos da Consellería de Economía e Industria, logo de que a finais de 2020 actualizaran ilegalmente o plan de restauración sen o preceptivo trámite de información pública e excluíndo os principais pasivos ambientais da mina.

La entrada Ocupan as instalacións da mina de San Finx como protesta polos vertidos con metais pesados aparece primero en Ecologistas en Acción.

Read Entire Article